Panadería San José
  • Inicio
  • Coñécenos
  • Produtos
    • Pan
    • Empanadas
    • Petiscos Salgados
    • Almorzos ou Merendas
    • Biscoitos Tradicionais
    • Doces de Sobremesa
    • Tortas
    • Productos de Temporada
    • Fariñas
    • Agasallos e Delicattesen
  • Servizos
  • As Nosas Panaderías
  • Novas
  • Contacto
  • Instagram

A nosa historia

Panadería San José nace en Rois no ano 1930 da man de dona Soledad Rodriguez e o seu marido don José María Bustelo. O fillo de ambos don Jesús Bustelo Rodriguez e a súa muller dona Herminia Curra Mayo toman o relevo no ano 1968. Para evitar a desaparición das panaderías da comarca debido á pouca rendibilidade do pan naquel momento, fundan coa axuda de todos os panadeiros da zona, unha das primeiras cooperativas de panaderías de Galicia, chegando a ser 17 socios e un total de doce traballadores. No ano 1980, don José Bustelo Curra, terceira xeración desta panadería, consolida a sociedade cooperativa de panadeiros San José dando paso a unha cuarta e a unha quinta xeración de panadeiros, pasteleiros e vendedores, que actualmente forman un equipo de 27 persoas donde seguen innovando e desfrutando desta profesión como o primeiro día.

Quen somos?

Somos un equipo de persoas que se esforzan e se ilusionan a diario por este oficio para que os nosos produtos trasmitan un anaquiño de felicidade a cada un dos nosos clientes.

Os parabéns recibidos, os agradecementos polo noso servizo, a confianza de cada cliente, sempre será para nós o maior dos exitos.

Compromiso coa cultura e tradición.

Para nós, o pan e a repostería forman parte da nosa cultura e da nosa tradición. Son símbolos de identidade, por iso durante todo o ano, colaboramos e implicámonos en datas e en eventos sinalados onde as nosas creacións están presentes.

O equipo humano

Como traballamos

  • Día 1 de maio descansamos
  • Día 1 de maio descansamos
AnteriorPosterior
1234

A tradición, a creatividade, o control das materias primas e a relación persoal cos nosos clientes e proveedores, son os ingredientes mais importantes para seguir innovando e alimentando o futuro desta panadería pastelería.

Intentamos que no noso traballo esixta o compromiso e a reponsabilidade social para que os resultados sexan cada vez máis sostibles.

AnteriorPosterior
123456

© Copyright - Panaderia San José. Todos los derechos reservados | Diseñado por: Unayta
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidad
  • Política de Cookies
Desplazarse hacia arriba