A nosa tenda en Santiago de Compostela, súmase xunto con máis establecementos da cidade, á campaña organizada polo propio concello para denunciar a violencia machista.
Participar en temas coma estes, parécenos moi importante e moi necesario. Mesmo dunha panadería, tamén se pode e se debe cambiar o mundo.
Parabéns para o equipo de traballo que levou a cabo toda esta campaña.
Que esta campaña sirva unha vez máis, para que todas e todos tomemos conciencia de este problema social.
Vai por elas.